DeportesÚltima hora

II Carreira e Andaina Trail O Barco, o 20 de xuño

O punto de partida e a meta estarán situados nesta ocasión na zona barquense de Nogaledo
Un dos treitos do trazado desta edición./ Foto: Trotadas Valdeorras.
Un dos treitos do trazado desta edición./ Foto: Trotadas Valdeorras.

Cun trazado máis duro, máis longo e con saída e meta en Nogaledo (Vilanova, O Barco). Así se presenta a segunda edición da Carreira Trotadas Trail O Barco, que se desputará o 20 de xuño. “Trátase dunha proba de maior dificultade, máis técnica e que discurrirá por un circuíto de terra case na súa totalidade.

Tan só hai tramos de asfalto nas zonas de poboación de Xagoaza (500 metros) e de Forcadela (200 metros), aínda que tamén hai zonas de sendeiro”, segundo se recolle no regulamento desta carreira que promove Trotadas Valdeorras en colaboración co Concello do Barco.

Nesta competición, que está calificada como de nivel físico medio alto e de nivel técnico medio, os corredores tomarán a saída ás 18h. e afrontarán un traxecto de 21 km.

Ademais da carreira, este evento deportivo incluirá, como na pasada edición, unha andaina duns 21 km. Os participantes comezarán o traxecto unha hora antes que os atletas, é dicir, ás 17h. e dende o mesmo lugar, Nogaledo. O programa desta dobre cita deportiva completarase ás 21:30h. co acto de entrega de premios e cunha cea.

Texto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button