DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A II Concentración de Clásicos Concello de Larouco reúne a uns 70 vehículos

Dende BMWs ata Volkswagen, Seat, Sinca ou Mercedes. Eran algunhas das marcas dos máis de 70 vehículos antigos que podían admirarse durante a II Concentración de Coches Clásicos Laroucautos que se celebraba o domingo 11 de marzo en Larouco.

Este evento comezaba cun almorzo polos bares de Larouco (Xoto e Irene) e a partires das once arrancaba unha ruta turística con parada na adega Viña Costeira, onde os participantes podían catar os seus viños acompañados de petiscos. Despois, regresaban a Larouco, en cuxo pavillón polideportivo se servía un xantar.

Ademais a partir dese momento os coches permanecían expostos na explanada situada ao carón destas instalacións deportivas. Nesta edición asistían á concentración unhas 150 persoas, chegadas dende Valdeorras, pero tamén doutros puntos de Galicia como a provincia de Lugo e mesmo doutras partes españolas como Ponferrada, Asturias ou Madrid.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button