DeportesÚltima hora

II concentración mototurística A Curuxa en Quiroga

Do 28 ao 30 de agosto, os moteiros percorrerán os concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel
Cartaz da concentración.
Cartaz da concentración.

Os concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel acollerán esta fin de semana a II Concentración de A Curuxa, co recinto oficial na explanada do Albergue de Quiroga.

Tal como adiantan dende a organización, “estanse a completar un gran número de preinscripcións polo que esperamos poder completar o límite de inscritos que está en 200 moteiros con inscrición completa durante a fin de semana se o tempo acompaña”.

Para levar a cabo a concentración, a Asociación Cultural Moto Clube A Curuxa conta coa colaboración de moitos hosteleros da zona que participan na ruta de pinchos para os moteiros e nas rutas que se realizarán pola Serra do Courel e por Ribas de Sil.

Membros do Moto Clube A Curuxa.
Membros do Moto Clube A Curuxa.

Este ano coma novidade principal está a actuación do piloto “Stunt” Narcís Roca que fará as súas acrobacias tanto en San Clodio coma en Quiroga.O programa complétase cunha carreira de minimotos entre motoclubes na Rúa Real de Quiroga a tarde do sábado á que seguirá o espectáculo Stunt nocturno e o sorteo dunha minimoto. O domingo será a hora de vivir a tradición galega cun desfile de Alborada Motera co grupo “Os do Recanto” de Quiroga e unha sesión vermouth no recinto.

As inscricións abriranse mañá venres 28 de agosto ás 19h. no recinto, con ruta nocturna, pancetada e festa nocturna.

Artigos relacionados

Back to top button