CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

II Encontro de Xeopícaros no Xeoparque Mundial Montañas do Courel, na Ermida (Quiroga)

Nel reuníanse 264 participantes (239 alumnos e 25 profesores) dos tres CEIPs do Xeoparque

 

O Xeoparque Montañas do Courel, declarado pola UNESCO en 2019, decidía ese mesmo ano levar a cabo unha reunión anual dos Xeopícaros do Xeoparque (os alumnos dos CEIP de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil), como forma de visualización da unidade da comunidade educativa do Xeoparque que serviría para dar a coñecer cada ano algún dos Lugares de Interese Xeolóxico do territorio.

O primeiro dos encontros celebrouse no Miradoiro de Campodola-Leixazós no 2019, e tras dous anos en que non se puido celebrar unha reunión deste tipo por mor do Covid, este xoves 26 de maio os Xeopícaros do Xeoparque reuniranse na Ermida, e onde trala foto grupal recibirán explicacións sobre a importancia xeolóxica e arqueolóxica, a historia e tradicións (Meco e Pampórnigas) e as pedras de construción que dende alí se poden observar.

Posteriormente realizaban un roteiro dende a Ermida ate a Ponte do Villaverde, e durante ese percorrido de 2 km, recibían as oportunas explicacións da vexetación do bosque de ribeira, dos abanicos fluviais, dos viñedos no Regueiral, a historia e as pedras de construción da ponte.

Semana dos Xeoparques Europeos

A Semana dos Xeoparques Europeos, celebrase entre o 21 de maio e o 5 de xuño entre os 94 Xeoparques dos 28 países que na actualidade están declarados en Europa. De entre eles, 15 Xeoparques en España, sendo as Montañas do Courel o primeiro e único ate o momento declarado en Galicia no 2019. Durante estas semanas, os Xeoparques organizan diferentes actividades, e que no caso das Montañas do Courel nesta edición de 2022 ten o seguinte programa:

Venres 20 maio: xornada divulgativa sobre un dos sabores das nosas rochas, o viño: ¿teñen futuro os viños brancos do Xeoparque dentro da D.O Ribeira Sacra?
Sábado 21 maio: acción de xeoconservación do Pozo dos Vereciños ou Veleciños en Moreda
Xoves 26 maio: II Encontro Xeopícaros
Venres 27 maio: “O turismo sostible e científico do Xeoparque”, divulgación do xeoparque no marco do III Seminario de Intercambio de Experiencias turísticas que se celebra na Deputación de Lugo
Sabado 28 maio: Geoparqueando polos Sequeiros de Mostad
Domingo 29 maio: Roteiro para coñecer as rochas dos monumentos relixiosos do Xeoparque
Domingo 29: Festa dun dos sabores das nosas rochas: “XXII Mostra do Aceite de Quiroga”
Martes 31 Maio: Talleres xeolóxicos para escolares no CEIP en Folgoso do Courel
Mércores 1 de Xuño: Talleres xeolóxicos para escolares no CEIP Ribas de Sil
Xoves 2 de Xuño: Talleres xeolóxicos para escolares no CEIP Quiroga
Venres 3 de Xuño: Talleres xeolóxicos para escolares no CEIP Quiroga
Sábado 4 de Xuño: Taller de réplicas de fósiles para Xeopícaros
Sábado 4 de Xuño: Roteiro polos castros do Courel e outras escavacións
Sábado 4 de Xuño: Inauguración do Centro de Interpretación da Mineria Aurífera
Romana (CIMAR) en Ribas de Sil. 7º Centro de interpretación do Xeoparque
Sábado 4 de Maio e domingo 5 de Xuño: Festa doutros sabores das rochas do Xeoparque: “XVIII Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil”
Domingo 5 de Xuño: Roteiro “das pedras calizas as orquídeas: a evolución da vida”

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button