EconomíaEconomíaÚltima hora

II Festa da Cachena en Santo André de Camporredondo

Esta cita gastronómica celebrarase o 4 de xullo nesta localidade do concello de Ribadavia
Imaxe da primeira edición da Festa da Cachena en Santo André de Camporredondo.
Imaxe da primeira edición da Festa da Cachena en Santo André de Camporredondo.

No “corazón do Ribeiro, coa mellor carne e o mellor viño”. Así se presenta dende a organización a II Festa Gastronómica da Tenreira Cachena, que terá lugar o vindeiro 4 de xullo en Santo André de Camporredondo (Ribadavia).

“A nova xunta da Comunidade do Monte Veciñal organiza esta festa que desexa pór en valor o traballo realizado para a ordenación e o aproveitamento do monto, así coma o alto valor gastronómico da cachena que alí se crían”, sinalan os promotores do evento.

O programa comezará ás 13h. cunha sesión vermú a cargo dun grupo de gaiteiros e xa ás 14h. desenvolverase o xantar no que poderá degustarse un menú a base de tenreira cachena preparada de tres xeitos diferentes: empanada, carne ao caldeiro e carne richada. Pratos que serán acompañados por viños de Santo André en concreto os de Cume do Avia, Casal de Armán, Elisa Collarte, Casal de Paula e Canción de Elisa. O prezo da entrada será de 20 euros.

Cartaz desta festa gastronómica.
Cartaz desta festa gastronómica.

A festa incluirá asemade un campionato de baralla a partires das cinco, actividades infantís e ás 21h. verbena a cargo do Trío Azar e degustación gratuíta de orella. Xa ás 23h. farase un sorteo no recinto da festa dunha televisión e a medianoite haberá unha tirada de fogos de artificio.

Artigos relacionados

Back to top button