EconomíaEconomíaÚltima hora

II Festa da Cervexa Artesá Keltius, na tarde do 13 de decembro no Bar Triskel do Barco

Terá lugar 13 de decembro a partires das sete da tarde e poderán degustarse tres tipos de elaboración diferentes desta empresa ourensá
Participantes na primeira edición da festa da cervexa artesana no Triskel./ Foto: Carlos G. Hervella.
Participantes na primeira edición da festa da cervexa artesana no Triskel./ Foto: Carlos G. Hervella.

Aqueles que aínda non teñan probado unha cervexa artesá galega terán a oportunidade de facelo na II Festa da Cervexa Artesá que se celebrará en decembro no Barco. Está prevista para o vindeiro 13 de decembro a partires da sete da tarde e será promovida polo Bar Triskel (situado no Paseo do Malecón) do Barco en colaboración con Cervexa Artesá Keltius, cuxa fábrica está na cidade de Ourense.

A festa incluirá unha cata na que Alberto Gómez, responsable de Keltius, ofrecerá diversas explicacións sobre o proceso de elaboración das cervexas artesás. Tamén falará sobre as singularidades das marcas que elabora e que se poderán degustar neste acto. Serán un total de tres, unha máis que na pasada edición: a Trasno, a Mosteiro e a Miño.

Artigos relacionados

Back to top button