ConcellosÚltima hora

II Festa da Cervexa, o 16 de xullo en Córgomo

O programa arrancará ás 20 horas e incluirá cañas a prezo reducido, pinchos e moita música
Cartaz da festa.
Cartaz da festa.

A localidade de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) acollerá o vindeiro sábado 16 de xullo a IIª Festa da Cervexa.

Ás seis da tarde haberá unha cata de cervexas na casa do pobo (previo pago de 10 euros por persoa). Tal como explican dende a organización, un profesional do sector informará de cada unha das cervexas expostas (4 ou 5), coa posterior cata por parte de cada un dos asistentes. E xa a partires das oito, comezará a festa propiamente dita, con cañas Estrella Galicia a 1 euro; “Hora feliz” con cañas a 0,50 euros; pinchos variados; licor café Barbudos; música variada; e o sorteo dun Xamón e varios estuches de viño, entre os posuidores das rifas que estarán a venta ata antes do sorteo.

Artigos relacionados

Back to top button