Galerías de fotosÚltima hora

II Festa Romaría Barrio “O Chao” do Barco

Por segundo ano consecutivo, os veciños do barrio barquense de O Chao recibían o mes de xullo cunha festa. Do 30 de xuño ao 2 de xullo organizaban unha romaría que se iniciaba cunha verbena na noite do 30 de xullo, a cargo do grupo CQC.

Despois, o sábado tiña lugar a romaría popular propiamente dita, na que había pulpo e churrasco e o ambiente estaba animado polo grupo Amanecer. Ademais a comisión de festas agasallaba con paella e bica. Tamén había inchables para os máis pequenos. Xa o domingo, volvía a música cunha sesión de tarde a cargo da orquestra Poceiro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button