DeportesÚltima hora

II Gran Premio de Montaña e Andaina, o 8 de outubro na Rúa

A saída será ás nove da mañá dende a praza Enriqueta Casanova de Fontei onde tamén estará a meta
O concelleiro de Deportes da Rúa, Avelino Fernández e a representante do Club Atletismo Rua, Isabel Seco. /Foto: Mónica G. Bellver.

Trail longo e andaina de 26 quilómetros (15 euros); trail curto e andaina de 16 quilómetros (12 euros); e este ano como novidade, unha terceira andaina de 12 quilómetros (8 euros) e nivel máis suave. Son as opcións que ofrece a II edición do Gran Premio de Montaña e Andaina da Rúa, organizada polo Club Atletismo Rúa en colaboración co Concello.

A presentación do evento deportivo que se celebrará o domingo 8 de outubro, tiña lugar na tarde do 29 de setembro no pavillón polideportivo da Rúa, da man da tesoureira do club Isabel Seco e do concelleiro de Deportes Avelino Fernández.

Dende o club rues explican que a saída (ás 9h.) e a meta estarán ubicadas na praza Enriqueta Casanova de Fontei, despois de percorrer boa parte do monte da Rúa. “A ruta chega ata San Xulián, pasa polo miradoiro do Barranco Rubio e tamén chega ata a zona de Roblido”, explica Isabel, engadindo que coa inscrición darase bolsa do corredor, camiseta, avituallamentos de líquido e sólido e pinchada ao rematar. Para participar é importante ter os 16 anos cumpridos e dada a boa acollida do ano pasado, dende a organización esperan contar cunhas 150 persoas.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Artigos relacionados

Back to top button