DeportesÚltima hora

II Memorial Anxo de Sousa Pérez, o 15 de abril na Rúa

Esta proba de marcha partirá ás catro e media da tarde dende a praza de Fontei e terá un percorrido de 5 km
Acto de presentación desta proba deportiva e solidaria na Rúa.

Tras unha exitosa primeira edición, con máis de 500 participantes, o Club Atletismo Rúa prepara o II Memorial Anxo de Sousa Pérez. Esta proba de marcha solidaria, prevista para o 15 de abril a partires das catro e media da tarde, será organizada por este club valdeorrés en colaboración coa Peña FMF, o Concello da Rúa e Protección Civil. O seu punto de saída será a praza de Fontei. Os participantes afrontarán un percorrido de 5 km que concluirá no miradoiro do Barranco Rubio.

As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición cubrindo o formulario en goo.gl/forms/F0GCuQJYpE o nas tendas Tri-sport da Rúa e O Barco, Librería Lipor de A Rúa e en Tienda Maralba de Petín.

A presentación desta proba tiña lugar o día 11 de abril xunto á placa adicada a Anxo (lugar onde estará situada a meta da marcha) e nela participaban Iván Dosantos (presidente do Club Atletismo Rúa), Fernando Navarro (vicepresidente do Club Atletismo Rúa), Noelia De Sousa (irmá de Anxo), Paula Perez (curmá de Anxo) e Raúl Nogueira (amigo de Anxo).

“O recaudado será para a Fundación Andrea, no que será un día para recordar ao noso querido veciño Anxo De Sousa”, sinalan dende o Club Atletismo Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button