EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

O II Mercado de Nadal de Rubiá abre as súas portas con 14 postos

Estará aberto ao público nesta fin de semana na Casa da Cultura cun horario de de 12:30h.a 14h. e, xa de tarde, de 16:30h. a 20h.

Con maior número de expositores que na pasada edición vén de abrir as súas portas o II Mercado Navideño de Rubiá. Inaugurábase no mediodía do sábado 2 de decembro e poderá visitarse ao longo da fin de semana na Casa da Cultura de Rubiá cun horario de 12:30h.a 14h. e, xa de tarde, de 16:30h. a 20h.

Son multitude de artigos os que se expoñen neste mercadiño. Ademais de variados adornos propios do Nadal elaborados a man, tamén hai complementos, artesanía de diverso tipo (como tecidos, repuxado en estaño ou modelado en pasta polimérica), bisutería, manualidades, bonecas, doces variados, pan (de noces, de centeo ou mesmo de castañas) e empanadas, licores, etc. En total son 14 os expositores participantes, cifra superior á do pasado ano, no que se poñía en marcha esta iniciativa dende o Concello de Rubiá.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button