CulturaCulturaÚltima hora

II Mostra de Teatro en Viana do Bolo

Orfganizada pola Asoc. Cultural Candea, inclúe a actuación de tres grupos de teatro afeccionado en catro sesións
Unha escea de "Xulia e os Pérez"./ Foto: Carlos G. Hervella.
Unha escea de “Xulia e os Pérez”./ Foto: Carlos G. Hervella.
Outra escea da obra interpretada por Candea./ Foto: Carlos G. Hervella.
Outra escea da obra interpretada por Candea./ Foto: Carlos G. Hervella.

Unha reflexión sobre os malos tratos (neste caso psicolóxicos) que sufre Xulia, é o que propón “Xulia e Os Pérez” (guión e dirección de Ramón Torrente García) que o grupo de teatro Candea de Viana poñía en escea na noite do 6 de agosto, na Casa da Cultura de Viana do Bolo.

Con esta representación, arrancaba a II Mostra de Teatro organizada pola Asociación Cultural Candea coa colaboración do Concello, que se estenderá ata o vindeiro domingo 9 de agosto.

Hoxe venres, día 7, a partires das 21:30h. subirase ao escenario da Casa da Cultura o grupo de teatro Talía de Viana para interpretar dúas obras: “Gañas de reñir” e “Unha familia que te cagas”. O sábado día 8, tamén ás nove e media da noite tocaralle o turno á agrupación teatral Augas do Sil de San Clodio que porá en escea outras dúas comedias: “Dous ovos para cear” e “O fotógrafo”.

Público asistente ao teatro na Casa da Cultura de Viana. /Foto: Carlos G. Hervella.
Público asistente ao teatro na Casa da Cultura de Viana. /Foto: Carlos G. Hervella.

O broche de ouro porao de novo Candea, o domingo día 9 ás 21:30h. coa obra “Ás tres con Puri” tamén de Ramón Torrente García que pretende reflectir, en ton de humor, o valor da amizade.

Artigos relacionados

Back to top button