ConcellosSen categorizar

II Mostra Internacional de Alfarería, no Barco

O Paseo do Malecón acollerá esta feira de artesanía do 30 de maio ao 1 de xuño
Acto de presentación da II  Mostra Internacional de Alfarería./ Foto: Carlos G. Hervella
Acto de presentación da II Mostra Internacional de Alfarería./ Foto: Carlos G. Hervella

A alfarería de diferentes puntos da xeografía española e mesmo de Marrocos darase cita na fin de semana do 30 de maio ao 1 de xuño no Paseo do Malecón do Barco. Será no marco da II Mostra Internacional de Alfarería, que reunirá a preto de 20 postos ao pé do Sil.

Ademais de exposición e venda de creacións en barro, no marco deste certame de artesanía están previstas unha serie de demostracións en vivo para nenos (con obradoiros ás 13h. e 19 h.o día 31) e maiores (os días 30 de maio e 1 de xuño).

“A feira é posible grazas á boa disposición dos artesáns participantes, que veñen cunha ilusión enorme. A pesar do mal tempo que acompañou á feira o ano pasado, marcharon moi contentos e quixeron repetir porque tamén lles gustou o pobo e o entorno”, aseguraba a concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio, Irene Dacal, na presentación do programa da mostra.

Xunto a ela, o secretario da Federación Interrexional de Alfareiros de España (Finral), Miguel González, agradecía a colaboración do Concello do Barco e comentaba que desta volta a feira atrasou as súas datas tentando garantir o bo tempo. “Na feira haberá un 30% de participantes novos co obxectivo de traer novidades e géneros diferentes”. Asemade incidiu no interese de Finral por considerar este evento.

Nos expositores do certame poderán verse diversos obxectos de alfarería tradicional propios de zonas como Almería, León, Toledo, Zamora, Badaxoz e Cáceres, León, Zamora, Ciudad Real e tamén Ourense, neste caso de Niñodaguia. A representación internacional virá de novo da man de Marrocos.

Para o alcalde do Barco, Alfredo García, esta feira “é un fito importante para a comarca pola calidade que ten” e convida aos valdeorreses a que visiten na vindeira fin de semana o Paseo do Malecón para coñecer a obra destes artesáns.

Texto: A.R. Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button