EconomíaEconomíaÚltima hora

II Noite Branca en Allariz

Uns trinta comercios participarán nesta iniciativa que se celebrará o 5 de xullo
Presentación da Noite Branca de Allariz.
Presentación da Noite Branca de Allariz.

Ofertar un maior servizo tanto aos clientes do comercio e da hostalería como a usuarios dos servizos municipais. Esta é a principal pretensión da segunda edición da Noite Branca que promove a Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz en colaboración co Concello. A cita será o 5 de xullo nesta vila ourensá.

Case trinta establecementos comerciais de roupa, zapatos, libros, pastelería, decoración ou complementos, entre outros, prolongarán o seu horario de apertura ata as 00:00h e ofrecerán descontos especiais e agasallos, entre outras propostas. Ás 23:15h celebrarase o sorteo de cheques regalo para gastar antes das 00:00h.

Ademais os museos cos que conta esta vila ourensá (Museo do Coiro, o Museo Galego do Xoguete e o Museo da Moda), así como o Festival de Xardíns (FIXA), súmanse a esta campaña e estarán abertos de 21:30h a 00:00h, excepto no caso do FIXA que abrirá ata as 23:00h.

Tamén haberá actividades pensadas para os máis pequenos no marco desta Noite Branca. É o caso dunha xincana infantil que se celebrará dende as 20:30h. E as 20:00 terá lugar un roteiro pola Reserva da Biosfera a cargo de Xeitura con saída dende “A despensa do Alarico”.

Foto: cedida polo Concello de Allariz

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button