CulturaCulturaÚltima hora

II obradoiro de fotografía creativa na Aula da UNED na Rúa

Celebrarase o 25 e 26 de outubro, de 16 a 21h. e de 9 a 14h. respecticamente

Prácticas en interior.

 

A Aula da UNED na Rúa acollerá os días 25 e 26 de outubro o segundo obradoiro de fotografía creativa “Sin Miedo e la cámara” impartido por Estela Barone (Máster en proxectos de Fotografía de Autor. MAPA).

O curso está especialmente dirixido a afeccionados á fotografía sen coñecementos previos, e tocará aspectos como tipos de cámara, luz, enfoque, profundidade, diafragma,… para que os alumnos aprendan a  manexar as cámaras con maior eficacia. Trátase dun obradoiro eminentemente práctico no que os alumnos farán prácticas no exterior do aprendido na aula.

 

Prácticas en exterior.

 

Tal como explican dende a UNED, “para completar o impartido no primeiro obradoiro tocaranse en maior profundidade aspectos relacionados co revelado e procesado”. Na práctica en interiores tratarase a fotografía sensorial e en exterior, o retrato e a paisaxe.

As clases serán o venres de 16 a 21 e o sábado de 9 a 14 horas e a inscrición pódese formalizar na Aula da UNED na Rúa (CEIP Manuel Respino) ata o vindeiro 22 de outubro, ou online na seguinte dirección: http://extension.uned.es/actividad/idactividad/19989

Artigos relacionados

Back to top button