DeportesÚltima hora

II Piraguaina a Chandrexa de Queixa o 23 de xullo

Trátase dun percorrido polo encoro que organiza o Club Montaña Trives
Participantes na edición do pasado ano.
Participantes na edición do pasado ano.

Entre as actividades deportivas que está a desenvolver o Club Montaña Trives neste verán figura a segunda edición da Piraguaina a Chandrexa de Queixa. Trátase dun percorrido polo encoro que está previsto para o vindeiro 23 de xullo. O programa comezará ás nove e media da mañá en Chandrexa cunha sesión de iniciación ao piragüismo. A partires das dez e media encetarase a ruta polo encoro que durará ata as dúas da tarde.

De seguido, haberá un xantar a base de paella para os participantes no Restaurante Cardiego. Xa pola tarde, entre as tres e as sete, as piraguas serán de libre uso para os asistentes.

O percorrido en piragua faise no encoro de Chandrexa.
O percorrido en piragua faise no encoro de Chandrexa.

As persoas interesadas en facer esta ruta poderán realizar a súa inscrición no enderezo electrónico club.montana.trives@gmail.com. O prezo das inscricións é de 19,50 euros (todo incluído) para os socios do club, de 25 euros (todo incluído) para os non socios e de 13 euros só a comida.

Fotos: Club Montaña Trives.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close