DeportesGalerías de fotosÚltima hora

II Quedada (KDD) Racing o 9 de xullo en Petín

A xuntanza de vehículos preparados incluirá xantar, cea, premios e festa durante todo o día

Despois do éxito do ano pasado coa xuntanza en Petín de preto de cen vehículos de diferentes puntos de Galicia, O Bierzo e mesmo Asturias, o grupo de amigos afeccionados ao motor que forman La Granja Racing decidían organizar a segunda edición da Quedada (KDD) Racing para o sábado 9 de xullo, na que amplían o programa con xantar e cea incluídos (15 euros só cea ou só cantar, e 25 euros os dous). As reservas deberán facerse antes do 27 de xuño, no bar Sport’s da Rúa ou nos teléfonos: 626 146 700/ 649 123 036.

O programa da quedada arrancará ás 11 horas coa apertura de inscripcións na praza Doutor Quiroga onde se irán colocando os vehículos (especialmente coches de todo tipo), para que os veciños e visitantes podan velos. O xantar está previsto para as dúas da tarde no patio cuberto da Casa da Cultura e despois tomarán café polos bares do pobo. E xa en torno ás 17h. comezarán a subida á zona do Slalom no Campelo (á entrada de Mones) onde se desenvolverá a tarde con música, ferramentas para o cambio de rodas, etc, intercambio de experiencias… A cea celebrarase no mesmositio que o xantar, en torno ás 22:30 horas e a festa rematará na praza coa actuación da disco-móbil STUU.

Haberá zona de acampada gratuíta e o programa inclúe premios para o coche máis baixo, o mais ruidoso, o máis antigo, o máis afastado; e tamén para o grupo máis numeroso, para o mellor Traccc. del. en pista e para o mellor TT/4×4 en pista.

Cartaz da II KDD en Petín.
Cartaz da II KDD en Petín.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button