ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

II Romería da Malla en Punxeiro

Esta localidade vianesa recreaba este labor tradicional do tempo de verán no rural

Dende a sega do pan ata a elaboración do palleiro. A localidade vianesa de Punxeiro recreaba ao longo da xornada do 9 de agosto unha serie de labores tradicionais do campo a través da II Romería da Malla. A xornada comezaba ás nove da mañá coa sega do cereal nunha leira próxima ao pobo e continuaba co atado dos mollos e coa carga dos carros xa ao mediodía.

Ás dúas tarde tiña lugar un xantar campestre, animado pola música dunha charanga, e en torno ás cinco retomábase o labora coa descarga do carro e coa malla do pan na aira. Os traballos concluían coa elaboración do palleiro, mentres soaban os ritmos das pnadereteiras Avaneo.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button