AutomobilismoDeportesÚltima hora

II Ruta Valdeorras Classic, dende Ribas de Sil ata O Barco, o 24 de outubro

Medio centro de coches clásicos percorrerán este domingo parte do Camiño de Inverno

 

Máis de 21 meses tardaba a Escudería Clásicos de Ourense en poder organizar unha actividade debido á normativa vixente relativa á pandemia, pero finalmente e de forma conxunta cos Clásicos Valdeorras lograban por fin dar forma á II Ruta Valdeorras Classic que se celebrará este domingo 24 de outubro, con parada nos concellos de Ribas de Sil, Vilamartín e O Barco.

Con saída en torno ás 10 horas dende San Clodio, onde estará o parque pechado, o primeiro reagrupamento será no Pazo do Sil, rematando a primeira etapa no Concello de Vilamartín onde permanecerán entre as 12 e as 12:45 horas aproximadamente. O segundo reagrupamento será no Paseo do Malecón, no Barco onde permanecerán os coches ata as dúas da tarde. O xantar do rallye será no Paladium, en Vilamartín, con parque pechado e entrega de recordos.

O prazo de inscrición finaliza hoxe ás 20 horas, limitado a 50 o número máximo de vehículos que poidan participar neste evento.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button