Sanidade

II Semana da Lactación Materna, no Barco

O programa abríase cun posto informativo no Paseo do Malecón
Posto informativo sobre a lactación materna no Paseo do Malecón do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.
Posto informativo sobre a lactación materna no Paseo do Malecón do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

Por segunda vez, a asociación valdeorresa De Nai a Nai organiza no Barco unha semana de actividades en torno á lactación materna, que baixo o lema “Un triunfo para toda vida” tentará amosar os beneficios e importancia de amamantar aos recén nados.

O programa arrancaba na tarde do 5 de outubro cun posto de información no Paseo do Malecón a cargo de varios membros da asociación, e incluirá outro tipo de iniciativas como un obradoiro de porteo respectuoso, charlas-coloquio e ata unha festa infantil con música, monicreques, pintacaras e globoflexia.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button