CulturaCulturaÚltima hora

II Serán en Manzaneda, o 14 de marzo

O programa comezará ás 15:30h. e inclúe campionatos de xogos tradicionais, baile e música
Aberto de Billarda no I Serán celebrado o ano pasado. Foto/ Carlos G. Hervella.
Aberto de Billarda no I Serán celebrado o ano pasado. Foto/ Carlos G. Hervella.

O patio da escola de Manzaneda acollerá o sábado 14 de marzo o II Serán que inclúe unha serie de xogos tradicionais: o 3º torneo de bolos, un aberto de billarda e tiro á chave. As inscricións poderán realizarse no campo de bolos comezando as competicións ás 15:30h.

O programa incluirá asemade outro tipo de actividades tradicionais. Ás 18h. está previsto un obradoiro de baile, impartido polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e acompañado polas Cantareiras da Rebusca e por Os Bertolini.

Pola noite, a festa continuará no local social A Rebusca coa actuación de tres grupos a partires das 23h: Carapaus, A Requinta da Laxeira e Repichoca.

O Serán está organizado polo Concello de Manzaneda coa colaboración da Asociacion Cultural A Rebusca e a Deputación de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button