DeportesGalerías de fotosÚltima hora

II Travesía Nocturna Camiñando, no Barco

Medio cento de persoas partían da praza do Concello do Barco ás 21:30h. do 16 de xullo

Dende a praza do Concello ata a pasarela peonil do casco antigo do Barco, tras percorrer un circuíto duns 13 quilómetros a pé polos municipios barquense e vilamartinés. Así discorría a “II Travesía Nocturna Camiñando” do Barco, que partía pasadas as nove e media da noite dende o centro do Barco cunha participación de medio cento de persoas de todas as idades. Portaban chaleques reflectantes e tamén lanternas, xa que boa parte do percorrido realizábase de noite.

Ao redor da medianoite comezaban a chegar os primeiros camiñantes á meta, situada na rúa Real e tras pasar a pasarela peonil que une Viloira co Barco. Esta cita deportiva ten sido promovida polo Concello do Barco e polo Concello de Vilamartín.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button