DeportesÚltima hora

II Velada de kick boxing e boxeo no Barco

A proba formaba parte nesta ocasión do programa das Festas do Cristo

Repetía éxito e, desta volta xusto no arranque das festas do Cristo. O polideportivo de Calabagueiros acollía na tarde-noite do 12 de setembro a II Velada de kick boxing e boxeo, promovida polos clubs Mamba K1 e Kick Boxing Valdeorras en colaboración co Concello do Barco.

O encontro contaba con participantes de diferentes puntos de Galicia, de Castela e León e tamén de Portugal, e estaba programado como unha velada mixta, cun total de nove combates de catro disciplinas de deportes de contacto: catro de boxeo olímpico, un de MMA, e catro de kick boxing e K1, dous deles a nivel profesional.

Durante o descanso houbo un sorte de produtos da zona, como foi viño da Denominación de Orixe Valdeorras que marchou para Melide, entre outros lugares. O broche desta segunda velada, que ten lugar tras a celebrada a finais de maio coincidindo coas festas da Santa Rita no Barco, foi o acto de entrega de premios, no que participou un representante do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button