DeportesÚltima hora

II Xornada de promoción de atletismo en pista, no Barco

 

Como limiar dos tres campionatos galegos que se disputarán nesta fin de semana no Barco, as pistas de Calabagueiros acollían a partir das 17:30h. desta tarde a segunda xornada de promoción de atletismo en pista.

A proba encetábase coa carreira benxamín de 50 ml, continuaba coa lonxitude Sub12, despois cos 60 ml en diferentes categorías, coa pelota, a lonxitude, etc.

Nesta xornada participaban atletas de diferentes clubs da zona como o Adas do Barco e o Atletismo Rúa, así como os da Escola Deportiva de Trives, así como doutros puntos da provincia como é o caso do Ourense Atletismo. Esta xornada está organizada polo Club Adas.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button