DeportesÚltima hora

A III andaina “Serra Mosteironda” de Velle pretende recuperar os camiños tradicionais

O evento deportivo terá lugar o vindeiro domingo, 29 de outubro
Manolo Barbosa, Francisco Sotelo, Bernardino González e Manuel Álvarez.

A terceira edición da andaina “Serra Mosteironda” de Velle, que terá lugar o vindeiro domingo, 29 de outubro, ofrece dúas posibles rutas aos participantes cun percorrido de 18 quilómetros na modalidade da andaina longa, e de 10 quilómetros a andaina curta.

A andaina transcorre na súa maior parte por Velle e esténdese tamén por Villariño, Sabadelle, Tibiás e Canivelos. O presidente da Asociación de Veciños Santa María de Velle, Francisco Sotelo sinalou na presentación de hoxe, 25 de outubro, que este evento “trátase dunha iniciativa que está en crecemento, pois o primeiro ano contamos con 150 participantes e o segundo ano con máis de 250 persoas”. Asemade, explicou que os obxectivos desta andaina son “dinamizar o territorio e dar a coñecer os núcleos de Velle e recuperar os camiños tradicionais que se foron perdendo co tempo”

Pola súa banda, o Deputado de Deportes, Bernardino González, agradeceu á asociación de veciños que leve a cabo esta iniciativa “que pon en valor o noso territorio e fomenta a práctica do deporte e a vida saudable”.

Os interesados en participar poderán anotarse ata o mesmo día da proba ata cubrir as 300 prazas por un custe de 5 euros. Durante o percorrido haberá dous avituallamentos e ao finalizar a proba un aperitivo e sorteos para os participantes. A saída da proba será as 9.30 horas no campo de xogos “O Palao” en Velle, pero os participantes deberán estar media hora antes para entrega de dorsais.

 

Artigos relacionados

Back to top button