DeportesÚltima hora

III Andaina solidaria en favor da Fundación Neuroburgas, este domingo na Peroxa

Presentación da III Andaina da Peroxa.

 

“Deporte, turismo, natureza e por riba de todo solidariedade, son as razóns que moven un ano máis aos organizadores da III Andaina solidaria da Peroxa para poñer en marcha unha iniciativa coa que colabora a Deputación de Ourense e na que destaca o seu alto grao de compromiso social”, dixo o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández na presentación deste evento, que terá lugar o vindeiro domingo, 13 de maio, ás 9:30 horas.

A andaina, con dus posibles percorridos de 8 e 17 quilómetros, que terá como punto de partida e regreso a praza do Concello e discorrerá polo “Camiño da Coroa” do municipio da Peroxa. A recadación da inscrición, cun custe de 5 euros, irá destinada á Fundación Neuroburgas.

Artigos relacionados

Back to top button