OurenseÚltima hora

O III Certame de Cartas de Amor do Concello de Ourense xa ten premiados

Belén Iglesias e Jesús Vázquez cos gañadores.

O III Certame de Cartas de Amor, no marco do programa de animación á lectura da Concellería de Educación do Concello de Ourense, entregou na mañá de hoxe, 15 de febreiro, os seus premios ás mellores misivas dun total de 120 presentadas. No concurso participou alumnado de 10 centros escolares da cidade de 6º de Educación Primaria e 1º de E.S.O.

No acto de entrega de premios, que tivo lugar no Salón de Plenos, participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a concelleira de Educación, Belén Iglesias, persoal da área de Educación, así como profesorado e familia dos gañadores.

Por conseguinte os premiados quedaron do seguinte xeito: o primeiro premio foi para María Rey Fernández, do IES Blanco Amor. O segundo foi para Paula Andrés Diéguez , do CPR Luís Vives. Borja Blanco Suárez, do IES Prácticas e Julio César Abreu, do IES Blanco Amor, recibiron sendas mencións especiais.

 

Artigos relacionados

Back to top button