OurenseÚltima hora

III Concurso de Relatos do CIFP A Farixa

O centro ourensán dobrou a dotación económica para os premios, chegando aos 3.000 euros
Fachada do CIFP A Farixa de Ourense.
Fachada do CIFP A Farixa de Ourense.

Co reto de superar o éxito do ano pasado coa participación de 858 traballos, o CIFP de A Farixa vén de convocar a terceira edición do Concurso de Relatos, para o que a organización decidíu dobrar a dotación para premios chegando aos 3.000 euros.

A data fecha límite para a presentación de traballos será as 24h. do 28 de febreiro, a través do formulario que a tal efecto aparece na web oficial do centro (www.farixa.es).

O tema do relato será libre, pode ser escrito en galego ou castelán e a extensión non poderá superar os cinco folios A4, con entre 25 e 30 liñas por folio cunha letra non inferior ao tamaño 12. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras inéditas. Non poderán presentarse traballos que sendo inéditos teñan obtido premio en calquera outro certame, e terán que ser orixinais. O gañador terá dereito a premios por valor de 1.500 euros e diploma acreditativo; o segundo obterá premios por valor de 1.000 euros e diploma, e o terceiro levará premios por valor de 500 euros e diploma.

Tal como apuntan dende a organización, na anterior edición chegaron relatos procedentes de 22 países de Europa e América. “Dos 858 que entraron a concurso, 585 eran de Europa e 273 de Latinoamérica, sendo Arxentina o que rexistrou a participación máis nutrida, con 97”. Dos 576 presentados dende España, destaca a alta participación de Madrid, con 126 trabajos; seguidos polos de Ourense (43).

O gañador desa edición foi o canario Eugenio Fernández Murias, con “Nómadas en la carretera”; o segundo, o relato de Paloma Villar Uribarri, titulado “El milagro del abuelo”, e o terceiro “El desenlace”, de Luis Miguel Sánchez Tostado.

Artigos relacionados

Back to top button