EconomíaEconomíaÚltima hora

III Concurso Nadal nas rúas no Barco e na Rúa

O vindeiro 23 de novembro concluirá o prazo de inscrición para participar nesta edición
Cartaz do concurso.
Cartaz do concurso.

Vestir as rúas de Nadal dun xeito orixinal e creativo ten premio dende hai xa tres anos no Barco e na Rúa. A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) en colaboración coa Asociación Centro Comercial Aberto O Barco e cos concellos da Rúa e do Barco promoven este certame cuxas bases e formulario de inscrición poden verse no seguinte enderezo web:
http://empresariosdevaldeorras.com/iii-concurso-d…nadal-nas-ruas

Neste certame establécense 2 premios: un primeiro premio de 150 euros e un segundo de 100 euros (en cada un dos dous concellos). As persoas que estean interesadas en participar poden realizar as súas inscricións ata o día 23 de novembro de 2015.

Artigos relacionados

Back to top button