CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

III Convivencia escolar do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá

Desenvolvíase nun ambiente festivo e lúdico na xornada do 15 de xuño no pavillón polideportivo deste municipio

Entre actividades lúdicas celebrábase ao longo da xornada do 15 de xuño a III Convivencia escolar do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño no polideportivo de Rubiá. Nela participaban escolares, pais e nais (entre elas a propia directora do centro), nun encontro promovido dende a ANPA deste colexio.

Os máis pequenos compartían unha xornada coas súas familias e compañeiros de clase mentres desfrutaban de inchables e mesmo dun touro mecánico. O programa incluía un xantar e, xa pola tarde, os cativos tiñan a súa propia festa da escuma.

Fotos: cedidas/ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button