EconomíaEconomíaÚltima hora

III Curso de Técnicas de Cultivo en Viticultura e Plantación do Viñedo na Aula Uned da Rúa

O curso comezará o 22 de novembro e estenderase ata o 9 de maio de 2020

Imaxe da anterior edición do curso na Aula da Uned A Rúa. /Foto cedida.

 

Co fin de completar e ampliar a formación na área de viticultura, actualizando e profundizando nas nocións impartidas na anterior edición, a Aula Universitaria Uned da Rúa acollerá a III edición do curso de Técnicas de Cultivo en Viticultura e Plantación do Viñedo.

Ricardo Dobao e Santiago Pérez, ámbolos dous Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, serán de novo os responsables de impartir o curso que comezará o vindeiro 22 novembro, e finalizará o día 9 de maio de 2020 coa “poda en verde e o desenvolvemento da vide”.

Tal como destacan dende a Uned, unha das características deste curso é a súa estacionalidade xa que “durante catro fins de semana (ao longo de todo o curso) os 30 alumnos/as que asistan ás clases teóricas e prácticas, adquirirán coñecementos de control de enfermidades e pragas, de tratamento do solo, de tipos de variedades, poda, fertilización, etc”, de xeito que “os contidos de cada fin de semana están adaptados á época, para poder así realizar prácticas do aprendido na aula”.

A inscrición pódese realizar nal Aula Uned da Rúa (CEIP Manuel Respino) ata o 19 de novembro ou ben realizar a matrícula e pago online no seguinte enlace: http://extension.uned.es/actividad/idactividad/19957

 

Cartel do curso sobre viticultura.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close