En portadaÚltima hora

A III Feira do Botelo do Barco vai collendo forma

Unha vintena de expositores permanecerán abertos na xornada do sábado 20 e na mañá do domingo 21

O sábado 20 de xaneiro celébrase a XVIII edición da Festa do Botelo do Barco, unha festa gastronómica que inclúe un amplo programa de actividades do ámbito gastronómico, turístico e mesmo cultural.

A primeira tiña lugar o pasado sábado, co II Blog Trip que reuníu a seis blogueiros en torno á elaboración do botelo e  aos viños de Valdeorras; e a seguinte terá lugar este sábado en torno ás once da mañá coa apertura da III Feira do Botelo de produtos tradicionais. Na tarde do 18 de xaneiro estaban xa instaladas as casetas de cores que acolleran os diferentes postos no paseo do Malecón (zona Casino).

Tal como adiantaba  a concelleira de Cultura do Barco na presentación, son 23 os stands que permanecerán abertos a fin de semana (de 11 a 20h. aproximadamente o sábado e de 12 a 14h. o domingo) para que os veciños e visitantes poidan ver e mercar diferentes produtos da zona e da contorna.

De forma paralela, ás 12h. do sábado comezará o acto do pregón a cargo de José María Rodríguez, e a mención de honra a Manola García (Parra) no Teatro Lauro Olmo. O xantar popular do Botelo no pavillón de Calabagueiros comezará en torno ás dúas e media da tarde.

Artigos relacionados

Back to top button