ConcellosEn portadaÚltima hora

III Festa do Botelo do Barco en Vigo, o 11 de marzo

Terá lugar no Restaurante Coia e con ela búscase “continuar coa difusión do produto rei do inverno valdeorrés”
Imaxe dunha edición anterior da Festa do Botelo do Barco en Vigo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tras pasar pola Coruña en febreiro, será Vigo a que acolla o 11 de marzo unha nova edición da Festa do Botelo. Será a terceira na cidade olívica e, máis en concreto, no Restaurante Coia. Esta iniciativa, promovida polo Concello do Barco, busca “continuar coa difusión do produto rei do inverno valdeorrés”.

O xantar principiará ás 14:30 horas coa tradicional sopa de cocido e a típica empanada de maravallas. O protagonista absoluto será o botelo, que se servirá acompañado de cachelos, chourizos e verdura. Para a sobremesa haberá bica e actuación musical. A comida custa 25 euros por persoa e as reservas xa se poden facer mediante o pago nun número de conta que o restaurante ten aberto.

Esta Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2014 celebrou o pasado día 21 de xaneiro a súa décimo séptima edición na vila do Barco. O pasado día 11 de febreiro tiña lugar unha nova cita, a IV edición da festa na Coruña, e a rolda de promoción completarase en Vigo este vindeiro sábado.

Artigos relacionados

Back to top button