DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A III KDD Racing reúne en Petín a numerosos afeccionados ao motor

Máis de 200 coches participaron na xuntanza organizada por La Granja Racing

En torno ás once da mañá do 8 de xullo, abríanse as inscricións para asistir á III edición da KDD Racing, unha multitudidaria reunión de amantes do mundo do motor e dos rallyes organizada por La Granja Racing, que non remataba ata altas horas da noite, incluíndo xantar, cea, espectáculo sobre catro rodas e música ambiente.

Máis de douscentos coches foron os que, despois de comer, se achegaron ata o Campelo (antes de chegar a Mones), onde ao longo da tarde tivo lugar a xuntanza. Alí, o arrecendo a gasolina e neumático queimado era indicativo da actividade da xente. Os máis atrevidos derraparon, queimaron roda e fixeron soar os tubos de escape dos seus preparados coches (Golf, Clio, BMW, Lotus, Scord,…). Os demais, conversaban ou simplemente desfrutaban do espectáculo e da música ambiente, sempre animada polo incansable speaker. Os lugares de procedencia, moi dispares: Asturias, Ponferrada, Ourense, Lugo, A Coruña e por suposto, Valdeorras.

O programa da III KDD Racing incluíu premios para o coche máis antigo, o máis afastado, o grupo máis numeroso; e tamén para a mellor tracción dianteira en pista e para o mellor tracción traseira /4×4 en pista; e por suposto para o coche máis ruidoso. Trala cea, a festa remataba na praza de Petín ao son da disco STUU.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button