DeportesÚltima hora

III Memorial Anxo De Sousa Pérez, o sábado 31 de marzo na Rúa

A saída (andando, en bicicleta ou en moto) será ás 16h. dende a praza de Fontei
Participantes en moto da II edición da marcha, no alto do Miradoiro do Barranco Rubio.

Co obxectivo de recadar cartos para colaborar coa Fundación Andrea de apoio a nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, e ao mesmo tempo lembrar a un deses cativos, Anxo, A Rúa acollerá por terceiro ano consecutivo o Memorial Anxo de Sousa Pérez, unha marcha solidaria e non competitiva que terá lugar o sábado 31 de marzo.

Igual que nas anteriores eidicóns, quen desexe participar poderá facelo andando, en bicicleta ou en moto con saída ás 16h. dende a praza de Fontei ata o Miradoiro do Barranco Rubio. A distancia aproximada é duns 5km de subida e outros 5 de baixada e de regreso ao punto de partida, sortearanse entre os participantes, agasallos  donados por distintos establecementos e persoas particulares.

A inscrición é de 10 euros e está aberta a todas as idades, podendo realizarse de dúas formas. Unha, por transferencia bancaria ao seguinte número de conta: IBAN ES10 2080 0405 4230 4003 0236 cubrindo o formulario en https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfVYWNNjwckluydoZAdgm_b65dzrXX9FOWyRH6qO8316g76ZA/viewform?c=0&w=1. A outra, realizando o pago en Librería Lipor (A Rúa) e tendas Tri-sport (A  Rúa e O Barco). Non se admitirá ninguna inscrición online posterior ao mércores 28 de Marzo. A presencia, estará aberta ata o venres 30 de marzo ás 18h.

Este evento solidario está organizado en colaboración co C.F. Rúa Valdeorras e a presentación está prevista para o día 23 ás 12 horas no Concello da Rúa.

 

Cartel do III Memorial Anxo De Sousa Pérez.

Artigos relacionados

Back to top button