EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

III Ribeiro son de Viño, en xullo en San Vicente do Mar

Familia Caamagno, Aries e Atrás Tigre son as primeiras bandas confirmadas no certame, que combina concertos con degustacións de viños do Ribeiro
Cartel do festival.
Cartel do festival.

Música en directo con degustacións de viños da Denominación de Orixe Ribeiro, no entorno privilexiado de San Vicente do Mar. Son os elementos cos que xoga a organización do III Ribeiro Son de Viño que se celebrará o vindeiro 16 de xullo no Náutico de San Vicente do Mar. O cartel desta terceira edición é obra da deseñadora galega Rebeca Losada.

Durante todo o evento, que comeza ás 13.00 horas e continuará as 3.00 da madrugada, os responsables dalgúns dos mellores viños da D.O. Ribeiro estarán a disposición dos asistentes para guialos nas degustacións e conversar sobre a variedade e diversidade que esta zona ofrece, sempre cun denominador común: a calidade e as súas variedades de uva autóctonas. No referente ao apartado musical, apóstase polo talento das bandas galegas. Así Familia Caamagno, Aries e Atrás Tigre son as primeiras confirmacións.
As entradas para este certame xa están á venta por 12€.

Máis información:
www.facebook.com/ribeirosondevino

Artigos relacionados

Back to top button