DeportesÚltima hora

A III Ruta Larouco BTT e Andaina celebrarase este domingo 15 de outubro

A saída da dobre proba será ás 9:30 da mañá dende a praza do Concello
Momentos previos á saída da ruta o ano pasado. /Foto: Carlos G. Hervella.

Cun mes de retraso con respecto á data prevista inicialmente, a III edición da Ruta Larouco BTT e Andaina celebrarase finalmente este domingo, 15 de outubro.

Organizada polo Concello de Larouco en colaboración co club Jabalíes da Rúa, a dobre cita deportiva sairá ás nove e media da mañá dende a praza. Dobre cita porque xunto á III edición da marcha en bicicleta de montaña cuns 40 quilómetros de percorrido e dificultade media polos montes de Larouco, celebrarase a II edición da andaina, sobre un percorrido duns 10 quilómetros para quen prefira facer a marcha a pé.

A inscrición (20 euros para a BTT e 15 para a andaina) inclúe avituallamento, camiseta, seguro e xantar no pavillón. A recollida de dorsais será a partires das 8:30h.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button