EconomíaEconomíaÚltima hora

III Viñotapeo de Quereño (Rubiá), o 3 de xuño

Participantes neste roteiro de Quereño, nunha das adegas./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

En marcha está xa a organización do Viñotapeo de Quereño (Rubiá). Tras a boa acollida de anos anteriores, preparan a terceira edición, que terá lugar o vindeiro 3 de xuño a partires das oito da tarde. Desta volta serán dez as adegas participantes, que ofrecerán pinchos diferentes e suculentos, ademais de viño (branco e tinto).

A entrada poderá mercarse no inicio do percorrido a un prezo de 8 euros e con ela os participantes recibirán unha taza e un obsequio, ademais de poder visitar as adegas. A celebración concluirá en torno á medianoite na pista polideportiva da Casa da Cultura de Quereño, onde se servirán doces e cafés. Tamén alí se instalará unha pantalla xigante para poder seguir a final da Champions.

 

A festa concluirá con doces e café, na Casa da Cultura de Quereño./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button