DeportesGalerías de fotosÚltima hora

III xornada de supervisión e control da Federación Galega de Voleibol, en Quiroga

Durante o Entroido e Semana Santa haberá concentracións da selección para preparar os campionatos de España

Froito do convenio de colaboración asinado entre a Federación Galega de Voleibol e o Concello de Quiroga, a localidade lucense acollía o domingo 17 de febreiro a III xornada de supervisión e control nas categorías infantil e cadete feminina.

A concentración tiña lugar no pavillón municipal de Quiroga en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 17:30h. as infantís e de 11:45 a 18:45h. as cadetes.

Durante dous anos faranse xornadas de preparación de voleibol en Quiroga. Serán  catro xornadas ao ano dun único día de duración, no que xogadores e adestradores de diferentes partes de Galicia realizarán actividades buscando posibles novos membros para a selección. A maiores, durante o Entroido e a Semana Santa faranse concentracións de dous días, con pernocta en Quiroga, nas que os xogadores seleccionados realizarán a preparación dos campionatos de España.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button