ConcellosÚltima hora

III Xornadas Micolóxicas en Viana do Bolo o 28 de outubro

Cartel das xornadas.

 

Charlas, saídas ao monte ou degustacións. Son algunhas das propostas que inclúe no seu programa a terceira edición das Xornadas Micolóxicas de Viana do Bolo, que se celebrarán o vindeiro 28 de outubro. As actividades comezarán ás 10h. na Casa da Cultura da vila cunha charla de iniciación á micoloxía a cargo de membros da Asociación “Os Cogordos” de Ourense.

Media hora despois terá lugar unha saída guiada ao monte na procura de cogomelos, na que se recomenda levar cesta e navalla. Xa pola tarde, á catro, ofrecerase unha charla explicativa e procedarase á clasificación dos exemplares localizados no monte. Será asemade na Casa da Cultura. Finalmente, ás 21h. haberá unha desgustación de cogomelos e unha cea no restaurante A Nosa Casa.

As persoas interesadas en inscribirse (a xornada é gratuíta) ou en ampliar información poden poñerse en contacto co Concello de Viana do Bolo (988 32 92 60) e, no caso da cea, co restaurante A Nosa Casa. A data límite para anotarse será o 24 de outubro.

Artigos relacionados

Back to top button