ConcellosÚltima hora

III Xornadas Provinciais de Protección Civil en Ourense

O director xeral de Emerxencia e Interior resaltaba na súa intervención o papel dos voluntarios de Protección Civil
O director xeral de Emerxencias durante a súa intervención. / Foto cedida por Protección Civil de Manzaneda.
O director xeral de Emerxencias durante a súa intervención. / Foto cedida por Protección Civil de Manzaneda.

O voluntario de Protección Civil é unha persoa con compromiso firme, que actúa de forma altruísta, na procura de axudar aos seus veciños. Así o aseguraba o novo director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, no decurso das III Xornadas Provinciais de Protección Civil que tiveron lugar en Ourense o 15 de novembro. Ademais resaltou o exemplo que son para a cidadanía, asumindo o compromiso de cooperar e a vontade de axudar aos demais, así como a importancia que teñen no eido das emerxencia e a importancia que dende a Xunta se lle faciliten os instrumentos axeitados para o seu traballo.

Algúns dos membros de Protección Civil asistentes ao encontro./  Foto cedida por Protección Civil de Manzaneda.
Algúns dos membros de Protección Civil asistentes ao encontro./ Foto cedida por Protección Civil de Manzaneda.

Neste sentido, Menor apuntou que o goberno galego está traballando para que dende os concellos se teña acceso ao Rexistro Electrónico de Plans de Autoprotección e poñendo en marcha os Plans de Emerxencia Exterior a través de simulacros coma o que se fixo este verán na planta de Cepsa en Maside.

Membros de PC de Manzaneda, xunto aos voluntarios de A Rúa e do GES de Castro Caldelas./ Foto cedida por Protección Civil de Manzaneda.
Membros de PC de Manzaneda, xunto aos voluntarios de A Rúa e do GES de Castro Caldelas./ Foto cedida por Protección Civil de Manzaneda.

No encontro participaron membros de Protección Civil de diferentes puntos da provincia, entre eles estiveron os de agrupacións de Manzaneda (con 9 voluntarios), da Rua, Verín ou o Ges Castro Caldelas.

Estas xornadas tiñan lugar o 16 de novembro en Ourense./  Foto cedida por Protección Civil de Manzaneda.
Estas xornadas tiñan lugar o 16 de novembro en Ourense./ Foto cedida por Protección Civil de Manzaneda.

Asemade no marco destas xornadas tiña lugar un acto de recoñecemento a Manuel Barrio Morgade, ex-xefe da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín. A Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (ANAV) concedíalle unha medalla de ouro á constancia pola súa labor voluntaria durante máis de 25 anos. Esta medalla foille entregada, no decurso das III Xornadas Provinciais de Protección Civil de Ourense.

Manuel Barrio, co alcalde de Verín e voluntarios da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín. / Foto cedida polo Concello de Verín.
Manuel Barrio, co alcalde de Verín e voluntarios da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín. / Foto cedida polo Concello de Verín.

Ademais estas xornadas permitiron o reencontro entre profesionais que levan máis de vinte anos no mundo das emerxencias e nelas tamén se lle rendeu unha homenaxe ás vítimas das estradas, celebrando anticipadamente o Día Mundial das Vítimas de accidentes de tráfico e sumándose así á campaña promovida pola asociación Stop Accidentes.

De esquerda a dereita Llorente, Juan e Ferreira, xefe provincial do servizo de emerxencias, voluntario de PC Manzaneda e o sarxento Ferreira dos Bombeiros de Ourense e instructor da AGASP./ Foto cedida por Protección Civil de Manzaneda.

Homenaxe ás vítimas de tráfico./ Foto cedida por Protección Civil de Manzaneda.
Homenaxe ás vítimas de tráfico./ Foto cedida por Protección Civil de Manzaneda.
Esta homenaxe viña a celebrar anticipadamente o Día Mundial das vítimas de accidente. Foto cedida pola Asociación Provincial de Agrupacións de Protección Civil.
Esta homenaxe viña a celebrar anticipadamente o Día Mundial das vítimas de accidente. Foto cedida pola Asociación Provincial de Agrupacións de Protección Civil.
Outro momento deste xesto de homenaxe./ Foto cedida pola Asociación Provincial de Agrupacións de Protección Civil.
Outro momento deste xesto de homenaxe./ Foto cedida pola Asociación Provincial de Agrupacións de Protección Civil.

Artigos relacionados

Back to top button