DeportesFútbolÚltima hora

III xuntanza de membros do desaparecido CD Vilamartín

 

Corría o ano 1973 cando botaba a andar o CD Vilamartín, un equipo de fútbol loitador e apaixonado que despois de máis de dúas décadas en activo acababa desaparecendo. O equipo deixou de xogar, pero os seus membros forxaron uns lazos de amizade que permanecen no tempo.

 

Porteiros que pasaron por este equipo: César, Roberto, Castro, César, Faustino, Roca, César, Raúl e Senra.

 

Esa amizade conseguía que máis de trinta anos despois, no 2015, lograsen reunirse un bo número de xogadores e directivos. Daquela conseguían xuntar a 42, botando de menos a moitos que non puderon asistir polo que decidían repetir a reunión cada ano. O tempo pasou e por un motivo ou outro, non conseguiron volver a organizar a xuntanza ata xullo de 2019 cando sumaban preto de 55 membros na II xuntanza no Bañadoiro dos membros do desaparecido Club Deportivo Vilamartín.

 

Tres dos membros do CD Vilamartín, entre eles os promotores da xuntanza, Carlos e Manolo.

 

Parecía que daquela os encontros si se ían celebrar anualmente pero  en marzo de 2020 chegaba o Covid e a pandemia que paralizou o mundo polo que non era ata este 2022 cando lograban por fin facer a III xuntanza das vellas glorias do equipo de fútbol de Vilamartín.

 

Asistentes á xuntanda na cova de Mª Jesusa Candal.

 

Era na tarde-noite deste sábado 23 de xullo cando uns 50 amigos do fútbol se xuntaban novamente no Bañadoiro. Como nas dúas reunións anteriores, houbo apertas, intercambiando anécdotas e historias e tamén unha cea na cova de Mª Jesusa Candal servida por Toñi do bar Acuarela.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button