DeportesGalerías de fotosÚltima hora

III xuntanza moteira primaveral de Valdeorras, na Rúa

Unhas 250 motos participaban no encontro organizado polo grupo A Manada

Por terceiro ano consecutivo, con case un mes de retraso con respecto á anterior edición, A Rúa acollía esta fin de semana a xuntanza organizada pola grupo moteiro A Manada.

Co pavillón polideportivo como punto de partida, preto das cinco da tarde do 29 de abril, en torno ás cen motos comezaban a ruta ata As Ermitas, unha das actividades do programa desta edición, que incluía asemade, cea, ruta de antorchas polo pobo, almorzo e entrega de agasallos, todo isto na carpa instalada na área recreativa do Aguillón, con zona de acampada incluída.

Tal como explicaron dende a organización, ao final xuntáronse en torno ás 250 motos de diferentes puntos da xeografía española como Asturias, Navarra ou Valladolid, ademais de Portugal e sobre todo de Galicia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button