CulturaEducaciónEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Ilusión, nervios e medidas anti-Covid nun inusual inicio de curso no CEIP Otero Pedrayo de Viloira

 

Rozando as dez e media da mañá deste xoves 10 de setembro abríanse as portas do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) para recibir aos primeiros alumnos, que entraban moi separados e por dous accesos distintos ao centro.

O colexio establecía unha entrada gradual para facilitarlle ao alumnado, e en especial aos máis pequenos, este inicio de curso tan inusual e marcado polas medidas de seguridade fronte ao Covid.

“Como ao alumnado ten que adquirir novos hábitos que implican tanto o cambio da porta de acceso como a ruta que debe seguir ata chegar á súa aula, o primeiro día de clase estableceuse un horario flexible de entrada para cada grupo, coa finalidade de evitar aglomeracións e confusións propias da primeira xornada”, explican dende a dirección do CEIP Otero Pedrayo.

Ás 10:30 h. entraban os alumnos de 3º de Primaria, un cuarto de hora despois os de 2º de Primaria, ás 11h. os de 1º de Primara e, xa ás 11:15h., os de 5º de infantil. Antes de entrar a aula, o profesorado comprobaba a súa temperatura e botáballe xel hidroalcohólico nas mans. A meirande parte dos rapaces estaban ilusionados por ese primeiro día de escola ou polo seu reencontro co colexio despois de meses.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button