ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A imaxe da Inmaculada da parroquia de Santo Estevo (A Rúa), estrea manto

O altar da Virxe foi especialmente decorado para a celebración da eucaristía na mañá do 8 de decembro

Hoxe, xoves 8 de decembro celébrase en toda España a festividade da Inmaculada Concepción. Unha data moi especial para a parroquia de Santo Estevo na Rúa que rendía culto á Virxe cunha solemne eucaristía (coa actuación do coro incluída) na que a venerada imaxe estreaba manto (unha fermosa capa azul celeste con bordados dourados).

Na tarde anterior, un grupo de parroquianos preparaba a igrexa para o culto, decorando con esmero o altar da Inmaculada.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button