OurenseÚltima hora

A imaxe de San Francisco modelada con técnicas precolombinas nas mans de Carlos Moreyra

Este mestre escultor arxentino agasalla á cidade das Burgas cun mural que se exhibía na mañá do 5 de outubro no Clausutro de San Francisco
Os arxentinos Leonardo Corazza, Laura Dubén e Carlos Moreyra, xunto ao alcalde de Ourense e a dous dos alumnos do obradoiro./ Foto cecida.
Os arxentinos Leonardo Corazza, Laura Dubén e Carlos Moreyra, xunto ao alcalde de Ourense e a dous dos alumnos do obradoiro./ Foto cecida.

Entrelazando as técnicas precolombinas cunha temática relixiosa e vencellada á cidade de Ourense, o mestre escultor arxentino Carlos Moreyra vén de crear un mural adicado á figura de San Francisco de Asís. Esta obra, na que tamén se introducen diversos elmentos de simboloxía castrexa, é o resultado do obradoiro de muralismo que impartía nos últimos días na cidade de Ourense, xunto co profesor Leonardo Corazza e a artista Laura Duben.

O resultado deste traballo amosábase na mañá do 5 de outubro no Claustro do Convento de San Francisco, tal e como pode verse nesta imaxe. Xunto ao conxunto do mural, están os responsables do obradoiro, así como dous dos alumnos participantes e o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez. Esta obra, que está practicamente finalizado, mide 2,20 m por 1,5 metros. É un agasallo de Moreyra á cidade das Burgas, nas que desenvolve un intercambio cultural arxentino-ourensán que concluirá o 6 de outubro cunha conferencia no Centro Cultural Ángel Valente ás 19:30h. Nela falará sobre o “armado e orixe dos fornos indíxenas” e tamén explicará as actividades desenvolvidas nestes días na cidade.

Máis información:
https://osil.info/o-mural-realizado-no-obradoiro-de-carlos-moreyra-en-vilamartin-inaugurarase-o-7-outubro/

Artigos relacionados

Back to top button