CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

A imaxe e os versos de Florencio Delgado Gurriarán decoran os pasos de peóns do Barco de Valdeorras

Alumnos de 5º e 6º de Primaria dos colexios barquenses pintan con spray a imaxe do poeta valdeorrés

Versos, debuxos e a mensaxe “2019 ano das Letras de Florencio”, decoran dende hoxe, 15 de maio, algúns dos pasos de peóns do Barco de Valdeorras. Os responsables son un grupo de alumnos de 5º e 6º de Primaria dos centros escolares da vila, que están poñendo en práctica as técnicas adquiridas no obradoiro de grafity para aprender a utilizar guías e elaborar deseños con spray, posto en marcha dende a Concellería de Cultura do Barco.

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto “As Letras de Florencio”, por iso o obradoiro está centrado na figura do autor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. Os primeiros en plasmar a súa imaxe con spray foron os alumnos dos CEIP Julio Gurriarán e Condesa de Fenosa (na galería de imaxes). Mañá, 16 de maio e o xoves 18 de maio, continuarán pintando os cativos do Julio Gurrirán, e fararno tamén os do Divina Pastora e os do Otero Pedrayo.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button