Nesta tarde de luns 23 de marzo os servizos de emerxencia as forzas e corpos de seguridade de O Barco (Garda Civil e Policía Local) uníanse cunha emotiva homenaxe ao aplauso que ás oito da tarde lles dan os cidadáns aos traballadores do Hospital de Valdeorras.
Nesta galería de fotos pode verse a chegada ao hospital e ese emotivo momento no exterior do centro barquense.
Dende o Periódico O Sil súmamos tamén a esta homenaxe e agradecemos o esforzo e o importante labor das persoas que están a traballar cada día para superar da mellor forma posible esta emerxencia sanitaria.
Fotos: Carlos G. Hervella.