En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Imaxes do accidente entre un camión con explosivos e un coche preto de Robledo (Carballeda de Valdeorras)

Un camión que transportaba explosivos e un coche chocaban en torno ás nove e media desta mañá de 31 de outubro na estrada OU-0802, un pouco máis arriba da localidade de Robledo de Domiz (Carballeda de Valdeorras). Como consecuencia do accidente resultaban feridas as tres persoas que viaxaban no vehículo, que acababa volcado nunha finca próxima á estrada.

O sinistro non afectaba á carga do camión que, pasadas ás 14h., aínda permanecía no vial. A estrada está aberta, se ben o tráfico está sendo regulado pola Garda Civil de Tráfico. Tamén se desprazou ata o lugar unha brigada de limpeza da Deputación de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button