A VeigaConcellosÚltima hora

“Imos seguir dotando ao GES da Veiga, a ampliar os seus os servizos e a loitar por servizos medicalizados”

Asegurábao o alcalde da Veiga, Juan Anta, na visita que o director xeral de Emerxencias facía esta mañá

 

Tras a posta en marcha do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Veiga, o alcalde deste municipio, Juan Anta, vén de anunciar que o obxectivo agora é seguir dotando este servizo e ampliar os seus servizos. Facíao en declaracións ao Periódico O SIL durante a visita que esta mañá realizaba o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, aos efectivos GES de A Veiga.

“Esta é unha aposta da Xunta, da Deputación de Ourense e dos concellos polo servizo de emerxencias, acabamos de firmar esta semana o convenio dos GES onde nesta provincia, a diferenza de outras, se aposta decididamente creando dous novos GES como é o caso do de Maceda e do da Veiga. Ourense é unha das provincias con maior nivel de servizo de prestación en emerxencias de carácter profesional en todo o territorio nacional.”, indicaba Santiago Villanueva.

 

 

Ademais engadía que “este é un servizo esencial para a poboación, para os veciños, pero tamén para o turismo, para que cando veñan a un sitio alonxado como é o caso da Veiga poidan contar cun servizo co que ata hai pouco tempo só se contaba nas cidades. Agora en Galicia temos máis de 60 servizos profesionais que poden prestar atención en calquera momento. No caso da Veiga é un servizo que acaba de comezar a funcionar, cun material que comezamos a dotar e que continuaremos de dotando”. Villanueva agradecía o traballo do GES e do alcalde veigués e aseguraba que este servizo “vai axudar a fixar poboación ao rural”.

 

 

Pola súa banda, o alcalde da Veiga, Juan Anta, amosaba o seu agradecemento ao director xeral e á Xunta, así como á Deputación de Ourense. “Este foi un éxito de cooperación conleva que teñamos este GES aquí, do que nos sentimos moi orgullosos. Imos seguir loitando para dotalo de máis material, de mellores instalacións e ampliar os seus servizos. Eu quero intentar defender eses servizos medicalizados tamén, é algo que imos intentar conseguir tan pronto poidamos e a intentar seguir nesa liña”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button